24 septiembre, 2010

I Foro: A noite da Frouseira


Este foi o primeiro foro que fixemos na Irmandade Galega de Venezuela, asistiron 17 persoas, pero había un bo número de persoas que non entraron, pero estaban pendentes de que se trataba aquelo. O boletín entregóuselle a todos os asistentes e ao final do acto repartíronse os sobrantes entre os socios da Irmandade.

15 julio, 2010

08 julio, 2010

I Foro: A Noite da Frouseira. Boletín nº1


O 17 de decembro de 1997, a asociación fixo o Primeiro Foro, dedicado á "Noite da Frouseira".
O acto tivo lugar na Irmandade Galega de Venezuela, con unha asistencia de vinte unha persoas.
O compañeiro Xosé Manuel López Trelles fixo un relato dos acontecementos que rodearon esta data e das repercusións para o futuro do noso país.
O número 1 do boletín distribuíuse entre os asistentes, e os exemplares sobrantes (imprimíronse 1oo) entre os socios da Irmandade.




III Foro: Día das Letras Galegas adicado a Roberto Blanco Torres


III Foro: Día das Letras Galegas. Roberto Blanco Torres

IV Foro: DÍA DA PATRIA GALEGA




IV Foro: DÍA DA PATRIA GALEGA

II Foro: Castelao Sempre


II Foro: Castelao Sempre. Eduardo Meilán Sánchez

10 abril, 2009

Sobre o Foro Solidario Galego

A asociación foi constituída en 1996 na cidade de Santiago de León de Caracas, co obxectivo de promover a solidariedade entre os pobos de Venezuela e Galiza.

Na nosa asociación consideramos que o coñecemento de ámbalas dúas culturas é unha ferramenta imprescindíbel para desenrolar a solidariedade entre os nosos pobos.

Nestes eidos de solidariedade e cultura tentamos traballar.A asociación ten feito cinco foros:
Primeiro: A noite da Frouseira
Segundo: Sempre Castelao
Terceiro: Día das Letras Galegas
Cuarto: Día da Patria Galega
Quinto: Conversa con Francisco Rodríguez Sánchez

Tamén se fixo un homenaxe a Alexandre Bóveda, na Peña de Xadrez que leva o seu nome, polo Día da Galiza Mártir, o Foro Solidario Galego donoulle á Peña un cadro coa imaxe de Alexandre.

A nosa asociación elabora e distribúe vía internet un boletín electrónico "Foro Galego", do que xa van máis de cen números. Este boletín, cando os nosos recursos o permiten, tamén se distribúe en papel, especialmente cando se fai un acto público ou foro.

11 marzo, 2007

Documental en video GALIZA EN VENEZUELA

Documental: GALIZA EN VENEZUELA

www.galizacig.com/video/2007/20070228_fesga_galiza_en_venezuela_trailer.wmv

www.galizacig.com/video/2007/20070228_fesga_galiza_en_venezuela_trailer.wmv

01 febrero, 2007

Foro Galego, directorio 2007


01 octubre, 2006

Directorio do Foro Galego